publicidade hoxe

A carpa Xplora de Xuventude chega á mocidade de Lourenzá e Mondoñedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLourenzáMondoñedoXuventude
A-
A+

A Carpa Xplora Xuventude achégase hoxe ata Lourenzá e Mondoñedo co fin de que os mozos e mozas galegos poidan coñecer os recursos e programas dirixidos a eles, e para facilitarlles asesoramento por parte de técnicos especializados.

A actividade, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, estará emprazada na Praza do Conde Santo de Lourenzá entre as 11,00 e 13,00 horas. Pola súa banda, en Mondoñedo estará emprazada na Praza do Concello entre as 16,00 e 18,00 horas.

A campaña desenvólvese por toda Galicia entre os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Durante estes meses, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán 110 localidades da xeografía galega.

Cabe destacar que ademais de información de interese, estas carpas pretende ofrecer un espazo aos grupos de mozos e mozas e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil.

18 de xuño de 2014 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.