publicidade hoxe

A aula municipal de informática de Celanova reabre as súas portas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanova
A-
A+

O Concello de Celanova, volve por a disposición de todos os cidadáns a aula municipal de informática (Aula CMIT) situada no Parque das Triguerizas, en horario de 10:00 e 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas, de luns a venres, con novos cursos de formación, seminarios, video conferencias, así como, o uso libre e gratuíto da mesma en horario libre de cursos.

Dentro do programa formativo, mañá martes, día 17, en horario de tarde (de 16:00 a 20:00 horas), terá lugar un curso sobre “REPUTACIÓN NA REDE”, transmitida a través de vídeo conferencia dende o Centro Demostrador TIC de Santiago de Compostela (CDTIC).

Esta actividade está pensada para empresas, autónomos e público interesado en xeral.

Así mesmo, da man do Voluntariado Dixital, durante as tardes do xoves e venres dos meses xuño e xullo, o centro acollerá tamén unha actividade formativa composta por catro módulos independentes, “INSERCIÓN LABORAL E RECRUTAMENTO 2.0”, “ESTRATEXIAS DE COMUNICACIÓN 2.0”, “INNOVACIÓN SOCIAL”, e “COACHING PARA A TRANSFORMACIÓN SOCIAL”.

Para informarse poden acceder a mesma aula, no correo electrónico cemit.celanova@gmail.com ou no teléfono 988 431 604/697 185 080.

16 de xuño de 2014 | 12:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.