publicidade hoxe

Vimianzo artella unha Semana das Letras dirixida aos escolares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

O alumnado dos colexios e escolas unitarias de Vimianzo achegaranse na vindeira semana á Casa da Cultura para gozar das actividades culturais previstas para as festexar o día das Letras, dirixidas aos escolares, dentro da programación anual de animación á lectura da biblioteca municiapal.

O martes día 13 a Compañía do Trinketrinke traerá á Casa da Cultura o contacontos teatral Aventuras na cociña, un espectáculo do que gozarán os nenos e nenas das Escolas unitarias de Carantoña, Carnés e Castromil e o alumnado de Educación Infantil do Ceip San Vicenzo de Vimianzo.

O Ceip de Baíñas e os alumnos e alumnas de primaria do Ceip San Vicenzo terán a oportunidade de coñecer o mércores día 14 as aventuras de Chrystian Magic Na senda da serpe alada, onde Chystian e mais dous amigos visitan un castro, pérdense, e para saír contan coa axuda máxica dos mouros e mouras que habitan a parte invisible do castro, unha actividade que forma parte do programa “Ler conta moito” da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Xa fóra do horario escolar, aqueles nenos e nenas que o dexesen, poderán inscribirse, na Casa da Cultura, ata o día 15 de maio para participar no Obradoiro artístico Coñece a Díaz Castro o venres 16 ás 17 horas.

8 de maio de 2014 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.