publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha muller falece en Vilalba tras ser atropelada por un tractor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSucesosVilalba
A-
A+
Europa Press

Unha muller duns 61 anos de idade faleceu na noite do domingo nun accidente rexistrado ao ser atropelada por un tractor no termo municipal de Vilalba (Lugo).

Os feitos tiveron lugar sobre as 22,20 horas do domingo na estrada entre o alto de Gondaisque a Boisán, segundo os datos facilitados polo 112.

Ao lugar, segundo sinalaron fontes sanitarias, o 061 desprazou unha ambulancia asistencial e persoal sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) de Vilalba, que confirmou o falecemento no lugar dunha muller, J.G.P., de 61 anos.

19 de maio de 2014 | 10:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.