publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un traballador foi evacuado en helicóptero tras caerlle unha árbore enriba en Quiroga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaQuirogaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home duns 43 anos de idade resultou ferida ao caerlle enriba unha árbore no municipio de Quiroga (Lugo), debido ao que foi evacuado en helicóptero ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Os feitos sucederon sobre as 9,33 horas deste venres cando un operario resultou ferido de consideración tras caerlle unha árbore enriba mentres realizaba o seu traballo nun piñeiral no lugar de Bustelo de Lor, en Quiroga.

Debido á gravidade das lesións requiriuse a presenza do helicóptero medicalizado con base en Ourense, que tomou terra nun campo moi preto do lugar do accidente.

Ademais, o 061 mobilizou un médico e unha ambulancia, aínda que foi finalmente o helicóptero medicalizado o que trasladou ao ferido, H.M.M.H., de 43 anos, ao HULA, segundo indicaron fontes sanitarias.

2 de maio de 2014 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.