Tres xóvenes son detidos polo roubo de 90 quilos de cobre en Cariño
A Garda Civil de Ferrol detivo a tres xóvenes de entre 21 e 22 anos en relación á subtracción de 90 quilos de cobre na antiga planta de robadallo de Acuidoro no municipio coruñés de Cariño.
Segundo informa o Instituto Armado, axentes da Garda Civil de Ferrol resolveron este fin de semana un roubo ocorrido na antiga planta de rodaballo que a empresa Acuidoro S.L. ten instalada na ensenada de Cariño, á entrada da ría ferrolá.
Nun operativo policial levado a cabo hai uns días na peaxe da autoestrada AP-9, á altura de Fene (A Coruña), os gardas interceptaron un turismo ocupado por tres xóvenes veciños de Ferrol e Narón, con idades comprendidas entre os 21 e 22 anos.
No maleteiro do vehículo, segundo concretan as mesmas fontes, levaban 90 quilos de cable de cobre. Todo apunta a que o citado material ía ser vendido nunha chatarrería da Coruña, segundo indicou a Benemérita.
Tras a interceptación do coche, e descubrir o material de cobre, os responsables do operativo practicaron as correspondentes xestións para pescudar a procedencia do cable.
Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución Número 1 de Ferrol.