publicidade hoxe

Touro programa unha ampla oferta cultural, deportiva e de lecer para primavera e verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O Concello de Touro programou e deseñou unha ampla oferta educativa, cultural, deportiva e de lecer para os seus veciños e veciñas durante os meses de primavera e verán. O Goberno local mantén o esforzo por ofrecer aos habitantes de Touro unha nutrida programación ata o mes de outubro pese aos tempos de austeridad que afectan ás contas de todas as administracións públicas. Entre as citas está a súa II Carreira Pedestre Popular (1 de xuño) e a V Ruta Río Ulla BTT (7 de xuño).

A primeira actividade programada está prevista para o vindeiro sábado, día 10 de maio. Ese día está prevista a VII Mostra de Teatro Escolar de Touro, unha ruta musical e teatral polas rúas de Touro en colaboración coa Banda Isabel II de Touro. Participan as escolas de teatro da Estrada, Palas de Rei, Laxe e Touro.

Todos os martes do mes de maio e xuño está programado un obradoiro na Biblioteca Neira Vilas para ler contos, traballar a plasticidad, a escenificación… Está aberto a nenos e nenas de 5 a 12 anos. O seu título: Colorín colorado, contos na tarde. Xa dedicado aos adultos que queiran intercambiar os seus coñecemento está “Aprendemos xuntos”, un obradoiro de manualidades. Comeza o 15 de maio e será durante as tardes dos xoves.

O día 15 de maio, para conmemorar o Día das Letras Galegas, está previsto un obradoiro homenaxe a Xosé María Díaz Castro a través da poesía Esmeralda. Os nenos de 4 a 12 anos crearán unha paisaxe collage. Será na Biblioteca Municipal do Concello. Tamén está previsto outra homenaxe con motivo do Día das Letras Galegas o día 20 de maio. Será no Aula de Usos Múltiples do Concello para os nenos e nenas de 5 a 9 anos.

Pola súa banda, o Día do Neno celebrarase o 1 de xuño. No Aparcamiento de Dona-Dana instalaranse atraccións para os máis pequenos. E a Festa da Terceira Idade será o 10 de agosto. Pero a programación primeira-verán 2014 de Touro tamén contará con excursións ao Parque Natural das Fragas do Eume, Pontedeume e ou municipio de Redes (22 de xuño), a Rías Baixas (13 de xullo), e a Ourense (en setembro). Non faltará a excursión ao parque acuántico de Cerceda (28 de agosto). No mes de outubro tamén está previsto un fin de semana nos Ancares. Pola súa banda, tamén están programadas rutas de senderismo. Touro participa de novo este ano no programa “Goza do Ulla”, aínda pendente de presentación definitiva. Para o 19 de xuño está prevista unha “Andaina polo Ulla e arredores”, na que participarán os escolares do CPI Fonte Díaz e demais interesados.

A oferta formativa de Touro para os próximos meses inclúe piragüismo, manipulador de alimentos, atención a persoas dependentes, entre outros. Os interesados poden solicitar información no Concello de Touro.

A oferta deportiva tamén será moi nutrida. O Concello organiza a II Carreira Popular Concello de Touro. Será o 31 de maio. Está aberta a todos os interesados e afeccionados a este deporte. Se tamén o Trofeo Concello de Touro de F-7 nas categorías de Alevín e Benxamín (15 de xuño). Non faltará á cita a IV Ruta Río Ulla de BTT (7 de xuño), que pese ao seu recente posta en marcha conta cunha numerosa participación de afeccionados á bicicleta. Haberá competicións de tenis, baloncesto e fútbol. O 28 de xuño será a IV Festa do Deporte.

O Concello de Touro programa o xa coñecido “Xullo e Agosto Lúdico”, unha alternativa para que os máis novos gocen do verán desde un punto de vista educativo e de lecer. Tamén está prevista a posta en marcha dos campamentos de verán, nos que poderán participar os nenos e nenas do Concello de Touro. E durante os próximos meses seguiranse impartiendo as actividades programadas polo Departamento de Servizos Sociais para discapacitados, maiores e mulleres do rural.

5 de maio de 2014 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.