publicidade hoxe

Touro celebra o 10 de maio o seu VII Festival das Letras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

A Banda de Música Isabel II de Touro, a Aula de Teatro do CPI de Touro e a Anpa do CPI de Touro en colaboración cos país dos alumnos organizan o VII Festival das Letras, unha cita co mundo afeccionado do teatro. O festival acontecerá o próximo sábado, 10 de maio. E consolídase xa como unha proposta cultural de éxito no Concello de Touro. Está prevista que ese día as 12.00 horas no Teleclub de Loxo sexa presentada a obra ‘Na procura da fantasía’ por parte da Escola Municipal de Teatro de Laxe e do Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei.

Xa pola tarde e a partir das 16.00 comenzará o roteiro teatral e musical. A Aula de Teatro do CPI de Touro xunto coa Banda de Musica Isabel II de Touro interpretarán varias obras. Será unha mistura de música e teatro. O percorrido do roteiro comenzará na praza de Luar, en Fonte Díaz, e rematará no Campo da Festa, tamén en Fonte Díaz. Haberá moitas sorpresas cos veciños.

A obra Faíscas será presentada pola Aula de Teatro do CPI de Touro e pola Aula de Teatro do IES Antón Losada Diéguez ‘Avelaíñas Teatro’ da Estrada. Será no Teleclub de Loxo. Esta obra porá fin ao VII Festival das Letras Concello de Touro, no que tamén colabora o propio Concello e a Deputación da Coruña.

8 de maio de 2014 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.