publicidade hoxe

Supéranse todas as espectativas de participación na Carreira pedestre de Vimianzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVimianzo
A-
A+

Se ben o pasado martes, comunicábamos que a cifra de inscritos ascendía a 200 participantes, a tan só un día de pechar a inscrición, o mércores foron moitos e moitas as atletas que realizaron a inscrición chegando mesmo a dobrar a cifra inicial con 400 participantes sumando todas as categorías. A maior parte das inscricións son para a categoría de adultos, chegando a superar só nesta categoría as 200 inscricións, case a cifra total de participantes na anterior edición da Carreira.

A carreira de Vimianzo é a segunda proba do Circuíto Correndo pola Costa da Morte, que integra as carreiras organizadas polos concellos de Camariñas, Vimianzo, Zas, Cee, Carnota, Corcubión, Fisterra e Muxía. Este circuíto supón a posibilidade de participar nunha carreira en particular e en todo o circuíto, sendo un cento as persoas inscritas na proba vimiancesa que participan en todo o circuíto.

É evidente que este tipo de eventos deportivos están en auxe e é moita a xente que se desprazará a Vimianzo o domingo. Desde ben cedo as rúas vimiancesas, e polo tanto os hostaleiros, notarán un ambiente moi diferente dun domingo normal na vila, sendo esta unha axuda para a hostalería local e o mellor dos comezos para o Vimianzo gastronómico. Ben seguro moitos dos participantes queden a xantar podendo degustar os menús dos seis restaurantes participantes nas xornadas gastronómicas de primavera.

2 de maio de 2014 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.