publicidade hoxe

Sober comeza a limpeza de todas as estradas municipais de acceso a núcleos, puntos de interese turísitco e viñedos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local de Sober iniciou esta semana a campaña de desbroce das estradas municipais. Os traballos comezaron pola parroquia de Bolmente e, segundo destaca o rexedor, Luis Fernández Guitián, incluirán a limpeza de todas as estradas de titularidade municipal de acceso a núcleos de poboación, puntos de interese turístico, así como aos viñedos.

Ao mesmo tempo, tense iniciado tamén o bacheo de camiños municipais e estanse a executar as obras de rexeneración que se iniciaron no mes de marzo e que contan coa axuda do AGADER. O orzamento para levalas a cabo supera os 80.000 euros. Son traballos que se desenvolverán nas parroquias de Gundivós, Proendos, Pinol, Millán, Rosende, San Martiño de Arroxo, Anllo Santo Estevo e San Martiño de Anllo.

Luis Fernández Guitián lamenta as molestias que estas actuacións poidan ocasionarlles aos veciños e veciñas e subliña que se trata de obras de gran relevancia para o municipio, “para o día a día de todos os cidadáns e daqueles que nos visitan”.

28 de maio de 2014 | 12:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.