publicidade hoxe

Sober acomete o lavado de contedores na capitalidade e nas parroquias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local de Sober iniciou en Bulso e Liñarán a campaña de lavado de contedores interior e exterior que estenderá a todo o Concello, tanto na capitalidade como nas parroquias. O lavado lévase a cabo dúas veces ao ano, tal e como establece o contrato.

Ao mesmo tempo, o Concello de Sober acometerá a renovación dunha vintena de contedores que se atopan deteriorados por mor do seu uso. Tamén se van repartir 30 novos composteiros, co que xa son 110 as familias da localidade que forman parte do programa de compostaxe que ten posto en marcha o Goberno local en colaboración con Sogama.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, avanza que están a disposición dos veciños varios lotes de 3 bolsas de rafia (amarela, verde e azul para envases, vidro e papel-cartón) para todos aqueles interesados en poder separar os residuos no fogar. Poden facerse con elas nas dependencias municipais.

29 de maio de 2014 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.