publicidade hoxe

Sober acolle esta fin de semana o I Enduro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSober
A-
A+

O Goberno local colabora co I Enduro Concello de Sober 2014 que se disputará o próximo domingo 18 de maio e para a que xa hai 160 inscritos. A proba está clasificada como un evento non oficial, interprovincial e non federado, de acordo á actual normativa galega de deportes. Ten carácter animador e está aberta para todos aqueles deportistas e afeccionados do enduro que queiran sumarse.

O evento comezará o domingo ás 8 da mañá e ás 11:30 horas será a saída do primeiro participante. A hora prevista de remate do primeiro participante será ás 15:00 horas. A entrega de premios levarase a cabo ás 17:30 horas.

As inscricións poden facerse ata as 22:00 horas do día de hoxe na web: http://motodecampogalega.blogspot.com.es/ por valor de 30 ou 55 euros (se o piloto non está asegurado na ANPA). Todos os participantes serán clasificados nunha listaxe xeral e nunha de clase. O percorrido consta de cerca de 45 quilómetros por volta (especiais incluídas).

Colaboración do Concello

O Concello de Sober colabora cos organizadores, a Asociación Radikal Sober off-Road, a través da cesión de varios dos seus locais e do material preciso para sinalizar a proba. Tamén costea 3 ambulancias e pon á disposición da carreira a parte do persoal do Concello para axudar no seu desenvolvemento.

14 de maio de 2014 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.