publicidade hoxe

Sober acolle a III Ximnastrada na que participan cinco clubs da provincia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSober
A-
A+

O Concello de Sober colabora, xunto co Colexio Virxe do Carme, na celebración da III Ximnastrada, que se desenvolverá o vindeiro sábado 10 de maio no Pavillón do centro a partir das 16:30 horas. Nesta edición participan cinco clubs da provincia: o Club Sarria, o Club Becerreá, o Club Xirandela de Sarria, o CEIP Santa María de Fonsagrada e o CEIP Virxe do Carme de Sober.

Ás 16:30 horas terá lugar o desfile de presentación. De seguido levaranse a cabo as probas na categoría baby, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e senior, tanto na modalidade individual como na de conxuntos.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, invita a todos os veciños e veciñas e a todos os visitantes que o desexen a participar nesta actividade, de carácter gratuíto, na que os mozos e mozas ximnastas amosarán o seu traballo de todo o ano. Poderán verse exercizos de pelota, de aro ou de mazas, entre outros.

7 de maio de 2014 | 12:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.