publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Situación dos incendios forestais de Quiroga e O Irixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO IrixoQuirogaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da situación actual en canto aos incendios forestais rexistrados no concello ourensán do Irixo e no lugués de Quiroga.

O incendio forestal rexistrado onte ás 14:41 horas no concello ourensán do Irixo, na parroquia de Reádigos, quedou extinguido ás 19:45 horas desta tarde. Segundo as últimas estimacións provisionais a superficie afectada é de 57 hectáreas, das cales 28,5 son de monte raso e outro tanto de arborado. Nos traballos de extinción deste lume participaron 1 técnico, 7 axentes forestais, 26 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 5 avións.

Quedou controlado ás 20:25 horas o lume iniciado hoxe ás 14:28 horas no concello lugués de Quiroga, na parroquia de Montefurado. Segundo estimacións provisionais a superficie afectada é de 19 hectáreas de monte raso. Nos labores de control deste incendio levan traballado 4 axentes forestais, 8 brigadas, 3 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

15 de maio de 2014 | 22:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.