publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os consumidores de Boimorto danlle luz á súa factura eléctrica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoimorto
A-
A+

O Instituto Galego de Consumo ofrecerá mañá martes, 27 de maio, unha xornada informativa en Boimorto, en colaboración co Concello, para achegar aos consumidores e usuarios o programa Dálle luz á túa factura, unha iniciativa de divulgación, formación e sensibilización coa que a Consellería de Economía e Industria persegue facer máis compresible a factura da luz resolvendo as dúbidas da cidadanía e fomentando, ao mesmo tempo, o aforro enerxético.

No encontro, que se celebrará a partir das 11 horas no Centro Social, na praza da Gándara, número 1, presentarase o simulador eléctrico, unha aplicación dispoñible na web igc.xunta.es que permite aos usuarios obter información sobre cada un dos elementos que conforman a factura eléctrica, personalizala e adaptala ao seu caso concreto recomendando unha potencia a contratar. Esta ferramenta desglosa, tamén, o consumo do fogar, determinando o equipamento eléctrico co que conta a vivenda e as posibilidades de optimizar o seu consumo.

Os asistentes poderán consultar as súas dúbidas a respecto da factura eléctrica e resolver diferentes casos prácticos, así como obter información sobre as distintas vías para darlle solución ás súas reclamacións. Ademais, recibirán consellos sobre como reducir o consumo de enerxía no fogar
 

26 de maio de 2014 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.