publicidade hoxe

Os cativos de Touro participan en ‘Colorín colorado’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

Un grupo de nenos e nenas de Touro participaron onte no obradoiro ‘Colorín colorado, contos na tarde…’, organizado polo Concello de Touro na Aula de Usos Múltiples do Concello. Esta actividade tivo lugar os martes do mes de maio. E tamén está programada para os martes do mes de xuño. O máis novos de Touro reúnense para ler contos, traballar a plasticidade e a escenificación. Trátase de que os máis cativos pasen unha tarde agradable e entretida. É para nenos e nenas de cinco a doce anos.

28 de maio de 2014 | 13:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.