publicidade hoxe

Oroso e A Pontenova estreitan lazos con sendas festas dedicadas á troita

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA PontenovaLocal PortadaOroso
A-
A+

Unha delegación do Concello de Oroso encabezada polo tenente de Alcalde e coordinador da Festa da Troita, Antonio Leira, participou onte xoves 1 de maio na 36 edición da Festa da Troita de A Pontenova (Lugo), declarada de Interese Turístico Nacional. Unha visita que serve para compartir experiencias estreitar lazos entre as festas máis importantes de ambas poboacións e que será devolta o próximo domingo 11 de maio, data na que unha Delegación de A Pontenova visitará a XVIII Festa da Troita de Oroso.

Antonio Leira explica que “cando naceu a Festa da Troita de Oroso, a festa de A Pontenova foi un pouco o espello no que nos mirabamos para aprender, pois daquela esa festa tiña o mesmo tempo que ten agora a Troita de Oroso: dezaoito anos de experiencia nos que conseguimos ser declarados Festa de Interese Turístico Galego”. Leira explica que “este tipo de intercambios serven para enriquecer as dúas festas, que este ano mesmo coincidiron na elección do pregoeiro”. Así, na noite de onte xoves o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, foi o encargado de dar o pregón da XXXVI Festa da Troita da Pontenova.

2 de maio de 2014 | 14:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.