publicidade hoxe

O viño “Terra do Gargalo sobre Lías 2012” recoñecido como un dos tres mellores brancos novos de España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMonterreiOurense
A-
A+

O viño “Terra do Gargalo sobre Lías 2012” de Adegas Gargalo figura xa no cadro de honra da Asociación Española de Xornalistas e Escritores do Viño (AEPEV), ao ser recoñecido como un dos tres mellores viños brancos novos producidos en España na colleita 2012.

O Restaurante Bens d’Avall, no Club do Mar de Palma de Mallorca, acollerá hoxe a prestixiosa entrega de premios da AEPEV, á que acudirá o xerente de Adegas Gargalo, Anxo Germade para recibir este prezado galardón.

Concurso Mundial de Bruxelas

Do mesmo xeito, tras a publicación dos resultados do Concurso Mundial de Bruxelas, a Denominación de Orixe Monterrei volve estar de parabéns ao obter medalla os viños, “Alma de Branco 2013”, “Gargalo Godello 2012” e “Ladairo 2013”.

A recén chegada colleita 2013 segue cultivando éxitos nos concursos internacionais, así os mostran os resultados do D.O. Monterrei no Concurso Mundial de Bruxelas que premiou o 50% das mostras presentadas a concurso pola denominación.

Así, “Alma de Branco 2013” de Adegas Pazo das Tapias, “Gargalo Godello 2012” de Adegas Gargalo e “Ladairo 2013” de Adegas Ladairo reciben unha medalla de prata neste prestixioso concurso internacional.

12 de maio de 2014 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.