publicidade hoxe

O teatro convértese en protagonista en Bande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBande
A-
A+

Un total de 17 centros escolares e grupos amateurs de toda a provincia participarán nos Encontros de Teatro Escolar e Amateur que anualmente se celebran no Concello de Bande. Este evento, que este ano descorre pola súa XIX edición, conmemora o 17 de maio, Día das Letras Galegas. As obras presentadas han de estar escritas integramente en galego recibindo tódolos centros participantes un premio en metálicoe diploma de participación.

Como non podería ser doutra maneira, os escolares pertencentes aos centro colaboradores, CEIP Xoaquín Lourenzo e o IES Aquis Querquernis, levan meses volcados nesta actividade, pois son partícipes directos deste certame coas súas respectivas obras teatrais “sopa de xarope de amora” e “comedia bífida”.

A inauguración destes encontros terá lugar o luns día 12 de maio ás 10:00h. no salón de actos do CEIP Xoaquín Lourenzo.

8 de maio de 2014 | 12:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.