publicidade hoxe

O programa ‘Pasos en ecolóxico’ de Salceda percorre as terras de Martin Sheen

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+

Unha nova cita de “pasos en ecolóxico” percorrerá co título “As Pedras Rubias”, as terras de Parderrubias, na que ten as súas raíces paternas o actor estadounidense Martin Sheen. Dende a Bodega da Corisca partirá o vindeiro sábado 10 de Maio ás 10 da mañá un autobús con destino o Penedo do Redondo dende onde partirá o percorrido histórico polas terras de Parderrubias.

No percorrido vaise a visitar diversos puntos con interese patrimonial así como nas historias e lendas que as caracterizan. Un percorrido circular de 4,5 km visitará puntos como a Igrexa actual e os restos da igrexa antiga de Parderrubias, o Cruceiro do Pinto, Sete camiños, e o territorio pertencente á familia de Martin Sheen, onde se realizará unha parada especial na “Historia da Emigración de Salceda” que forma parte dun dos traballos que se está a levar a cabo dende o Concello. A historiadora Puri Pérez, será a encargada de transladarnos a diferentes épocas e sucesos que tiveron lugar nestas terras.

Para inscibrirse os interesados e interesadas o poderán facer en: enotur@bodegascorisca.com e ten un custe de 8 €, para os menores de 13 anos, a actividade será gratuíta, que inclúe a degustación de viño e pincho ecolóxicos. O martes 4 é o último día para inscribirse para poder reservar o autobús.

Dende a Concellaría de Turismo dirixida por Loli Castiñeira, quere incidirse no apoio e auxe deste tipo de proxectos que serven para coñecer o noso pasado e a nosa identidade a través dun percorrido pola nosa Historia. “Convidar a todas aquelas persoas, que así o desexen, a participar nestas actividades que incrementan o noso coñecemento sobre as nosas raíces e a importancia da nosa Historia”.

2 de maio de 2014 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.