O presidente de asociación protectora de cabalos de Zas é imputado por maltrato animal
Axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil imputaron o mércores un delito de maltrato animal ao presidente dunha asociación protectora de cabalos de Zas (A Coruña) pola morte dunha vintena de equinos.
Segundo informa o Instituto Armado, foi imputado un suposto delito de maltrato animal ao presidente dunha asociación que se dedicaba á recollida e protección de cabalos nun terreo que a citada formación xestionaba no Pico de Meda, en Zas.
As mesmas fontes indicaron que supostamente durante os meses de xaneiro e febreiro do presente ano produciuse a morte de ata 20 equinos por inanición.
Os veterinarios da Xunta de Galicia sinalaron que os animais morrerían, na súa maioría, por falta de alimento e auga suficientes. Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución Número 1 de Corcubión.