publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O portugués Joaquim Silva conquista o Miradoiro de Ézaro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDumbría
A-
A+
Podio II Trofeo Luso Galaico

Podio II Trofeo Luso Galaico

A carreira dun día que centraba máis espectativas da tempada Elite-Sub 23 en Galñicia respondeu plenamente ao esperado cun espectáculo digno das mellores probas do calendario nacional. O final no Alto de Miradoiro de Ézaro converteuse, un ano máis no maior espectaculo deportivo. Cunha participación de 130 ciclistas procedentes dos equipos galegos, portugueses, asturianos e de Castela León e tras o corte de cinta a cargo dos alcaldes de Camariñas e Dumbría, dábase a saída, ás 10 da mañá do II Trofeo Luso Galaico. O control do pelotón no primeiros km. non permitiría intentos serios até a subida ao segundo paso puntuable, (Paxareiras) alí, comezaron a producirse  os ataques que estiraron ao paquete facendo que se formasen grupos de selección e eliminando aos homes que menos forma teñen a estas alturas de tempada. Así o pelotón quedou reducido practicamente á metade, para afrontar a definitiva selección final na subida ao Miradoiro. Unha experiencia nova para a prácitica totalidade do grupo e unha nova historia que terá para contar o gañador, o portugués  Joaquím Silva (Mortagua) que entrou con once segundos de vantaxe sobre o seu compatriota Rubén Guerreiro (Liberty Seguros) e 21 sobre o estradense , Óscar González (Froiz). O propio Joaquim Silva levaría a montaña e o corredor do Liberty Linel Coutinho métalas volantes.

12 de maio de 2014 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.