publicidade hoxe

O Instituto Maria Sarmiento de Viveiro recibe a visita das xogadoras do Burela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaViveiro
A-
A+
Visita das xogadoras do Burela ao centro educativo

Visita das xogadoras do Burela ao centro educativo

O Instituto Maria Sarmiento de Viveiro recibiu a visita das xogadoras do Burela Pescados Rubén; Bea Mateos, Lara e Jozi que compartiron unha intensa xornada de Fútbol Sala co alumnado de 3º de E.S.O. Entre outros obxectivos, a actividade realizada está orientada cara a promoción e difusión do fútbol sala feminino, incidindo especialmente no respecto polo deporte feminino entre os escolares mariñaos. As xogadoras fomentaron o seu espírito laranxa entre o alumnado vivariense, á vez que observaron as súas habilidades e aptitudes para o fútbol sala durante as diversas sesións practicadas. 

Visita de luxo. O capitán burelés, Juanma, acompañado do coordinador da escola laranxa, Christian Gómez, e do monitor Javi Celes visitaron ao xogador do equipo infantil, Néstor Valle. A promesa laranxa recupérase da súa recente operación na man dereita. Ánimo e boa recuperación Nito!!!

30 de maio de 2014 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.