publicidade hoxe

O incendio forestal declarado no Irixo obriga a desaloxar dúas vivendas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO IrixoSucesos
A-
A+
Europa Press

Dúas vivendas do lugar de Santiso deberon ser desaloxadas este mércores a causa dun incendio forestal que se declarou sobre as 14,40 horas no Irixo (Ourense), segundo informou o alcalde da localidade, Manuel Penedo.

O lume, que se iniciou na parroquia de Reádigos, permanece activo tras queimar en torno a unhas 20 hectáreas de superficie, segundo os datos provisionais que achega a Consellería de Medio Rural.

Nos traballos para tratar de controlalo participan un técnico, dous axentes forestais, nove brigadas, tres motobombas, tres helicópteros e catro avións.

O rexedor apuntou que a evacuación das súas casas de dúas familias se realizou por precaución, xa que o fume, “moi negro, se dirixía cara a elas. Tamén indicou que uns mozos do lugar acudiron pouco despois para abrir unha corte cunhas 60 ou 70 ovellas, para que baixasen á zona do río e evitar que corresen risco.

A medida que avanzou a tarde, segundo sinala, o vento baixou a súa intensidade, “pero cando empezou había bastante”. “Asustaba un pouco ao principio”, destacou sobre as lapas, declaradas nunha zona de piñeirais.

De acordo coas súas estimacións, e debido a que “hai bastantes dispositivos aéreos” despregados, Manuel Penedo confía en que “ao longo da tarde pode quedar extinguido”.

Este incendio prodúcese nunha xornada na que o ascenso das temperaturas é xeneralizado en toda a comunidade. A estas condicións súmanselles as do vento, que sopra de compoñente este.

14 de maio de 2014 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.