publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Festival de la Luz contará coa actuación de Quique González, Spin Doctors, Antonio Orozco e Kepa Junkera

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaBoimortoLocal Portada
A-
A+
Europa Press

Quique González, Spin Doctors, Antonio Orozco, Juan Can e Kepa Junquera encabezan o cartel da terceira edición do Festival de la Luz, que se celebrará en Boimorto (A Coruña) o 13 e 14 de setembro.

Na presentación na Fundación Paideia, a cantante e organizadora do evento, Luz Casal, avanzou o cartel da cita, que este ano destinará os fondos recadados á Asociación Española de Enfermidades Neuromusculares (ASEM).

O evento musical, que se repite por terceiro ano na localidade natal da cantante, tamén contará coas actuacións de Sés, Uxía Senlle, Rozalén, Riff Raff ou Narf Trio, entre outros moitos artistas, algúns deles aínda por confirmar.

As entradas mantéñense ao mesmo prezo que o ano pasado, segundo indicou Luz Casal. Así, custan 15 euros para os dous días e 10, para un; e xa se poden adquirir a través de Internet e nos puntos de venda habituais.

Segundo explicou a propia artista, o evento manterá a mesma estrutura que nas anteriores edicións, destacando a aposta pola variedade musical xa que “é unha característica do festival”.

CONCURSO

“Non hai que porlle límites á música, ten que estar representada en todos os seus estilos”, dixo a cantante sobre o evento que, ademais dunha cita musical, destaca pola súa aposta polo rural, coa celebración do Mercado de la Luz.

Este ano, ademais, como novidade, o Festival de la Luz pon en marcha un concurso de maquetas, ‘Cultivando música’, con dúas categorías (pop-rock, e folclore e música tradicional), para axudar a dar a coñecer a grupos noveis. Os gañadores actuarán no festival.

21 de maio de 2014 | 20:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.