O Concello de Vedra informa sobre os prazos de solicitude para a escola infantil municipal
O Concello de Vedra abre o prazo de solicitude para a Escola Infantil Municipal de Vedra. As familias con nenos e/ou nenas xa matriculados na actualidade no centro, e queiran renovar a súa praza, poden presentar a solicitude de reserva ata o 15 de maio. As familias que desexen solicitar praza de novo ingreso terán o prazo aberto do 16 ao 31 de maio. Os formularios de solicitude podes conseguilos na paxina web do concello: www.concellodevedra.com (na sección concello en liña / modelos de solicitude)