publicidade hoxe

O Concello de Sober acomete melloras nas pistas de acceso aos viñedos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober está a levar a cabo importantes melloras en pistas de acceso a viñedos na Ribeira de Doade, concretamente nos lugares de O Viso, A Capitana e Meixemán. Trátase de traballos de pavimentación e mellora xeral das pistas que conducen ás viñas.

O Goberno local é o encargado de achegar o formigón, a maquinaria e os materiais. Ademais, destina parte do seu persoal municipal a colaborar coa man de obra dos viticultores da zona.

Os traballos son soportados con fondos municipais e está previsto que nas próximas semanas continúen noutras zonas da ribeira de Doade, así como noutras parroquias.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, subliña que a mellora de acceso aos viñedos “é unha prioridade para o Goberno municipal” tendo en conta a importancia económica do sector vitivinícola e as deficiencias que os adegueiros seguen atopando para achegarse ás viñas.

10 de maio de 2014 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.