publicidade hoxe

O Concello de Cotobade leva a cabo o acondicionamento de 6000 metros de pistas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

No Concello de Cotobade estáse levando a cabo o acondicionamento das pistas

Paciños- Mataporcos en Aguasantas cunha lonxitude de 3.400 metros

Trabazo- Paraños cunha lonxitude de 1.800 metros

Acceso de Carballedo a Trabazo con 1.200 metros

Acceso a Igrexa de Loureiro cunha lonxitude de 250 metros

As obras que se van a levar nestas catro vías son limpeza, perfilamento das marxes e cunetas, a pavimentación das vias cunha capa de slurry e procederase á sinalización horizontal así como ao pintado das liñas nas marxes das mesmas.

Estas obras veñen a satisfacer as reiteradas peticións dos veciños e usuarios destas vias xa que presentaban deficiencias que reducían a seguridade vial para a circulación rodada.

Estas catro pistas veñen a engrosar a rede municipal de estradas e vías coa que conta Cotobade unha vez feita á Deputación Provincial a petición de transferencia por parte do alcalde do Concello de Cotobade; de tal xeito que o obxetivo do concello de Cotobade é contar cunha rede viaria municipal de calidade e segura.

15 de maio de 2014 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.