publicidade hoxe

O alcalde de Muxía reúnese cos empresarios hostaleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxía
A-
A+
O alcalde de Muxía na reunión cos empresarios

O alcalde de Muxía na reunión cos empresarios

Hoxe, 8 de maio, no Salón de Plenos do Concello de Muxía, o Alcalde Félix Porto mantivo unha xuntanza cos empresarios que rexentan establecementos de hostelería (albergues, hostais , hoteis e casas rurais), para tratar sobre as boas prácticas na acollida de peregrinos e turistas. Muxía é un punto que día a día vai gañando en visitantes e peregrinos, tanto polo seu patrimonio cultural e natural como pola súa situación no Camiño ,e a existencia do  Santuario e as Pedras da Barca.Este incremento de visitantes é  algo a ter en conta tanto polo Concello como polo sector turístico e require unha axeitada planificación.

O Alcalde estivo acompañado por Antón Pombo, que puxo o seu coñecemento e experiencia como peregrino e empresario dunha casa rural (Casa da Balea, en Corcubión), ao servizo dos asistentes.

Antón Pombo, que é un grande experto no Camiño e autor da guía máis importante ata a de agora, expuxo a súa visión de como ha de acollerse ao peregrino, de como a sensibilidade e o bo facer son a mellor difusión que se pode facer para crear unha marca atractiva.

O Alcalde puxo os medios do Concello de Muxía á disposición dos asistentes para establecer unha colaboración que faga que ,entre todos, se consiga que  Muxía sexa un destino apetecible para calquera persoa que busque un lugar acolledor e con moito que ofrecer. No turno de preguntas os asistentes foron mostrando as súas inquedanzas e puntos que requiren algunha mellora.

8 de maio de 2014 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.