publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Monterroso acollerá un obradoiro de instrumentos a cargo de Kepa Junkera

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMonterroso
A-
A+

O músico, compositor e produtor vasco Kepa Junkera, ofrecerá o vindeiro sábado día 14 de xuño, a partir das 10.30 horas da mañá, unha presentación didáctica de instrumentos no salón de actos da casa da cultura de Monterroso.

Instrumentos ancestrais da cultura vasca como a txalaparta ou a alboka, estarán presentes neste acto ademáis doutros como a pandeireta ou a trikitixa.

Kepa, tamén falará de “Galiza”, traballo que editou co selo galego Fol Música, e en cuxa gravación colaboraron unha selecta representación de artistas da escena musical tradicional de Galicia.

En “Galiza” a trikitixa de Kepa, fóndese á perfección coas gaitas, as voces, os pandeiros, as arpas, os acordeóns… para crear un universo de música tradicional perfecto. O eixe musical Galicia-Euskadi tivo moitos achegamentos ao longo dos anos, pero nunca estivera tan ben representado como neste dobre álbum de Kepa Junkera.

Poderase asistir ao acto baixo reserva previa mediante os teléfonos do espazo cultural Lorenzo Varela ou ben no mail cursokepa@gmail.com, indicando nome, idade e DNI.

As prazas son limitadas e ao finalizar o acto, haberá firma de discos.

15 de maio de 2014 | 13:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.