publicidade hoxe

Máis dun centenar de veciños de Vimianzo gozan de tres días de relax en Sanxenxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+
Participantes no programa

Participantes no programa

En case unha semana cubríronse as prazas dispoñibles para participar nesta primeira viaxe organizada polo Concello de Vimianzo. Dous autobuses partían na mañá de onte con destino a Sanxenxo, onde pasarán tres días de relax no Hotel Spa Carlos I de Silgar. Alí poderán gozar das instalacións do spa, con tratamentos persoalizados incluídos, ata o venres. Na tarde do xoves desprazaranse ata a vila veciña do Grove para realizar unha excursión en barco pola ría ata as bateas, onde terán unha degustación de mexillóns. O venres pola tarde emprenderán camiño de regreso para Vimianzo, agardamos que relaxados e cun bo sabor de boca, esperando participar xa na viaxe de setembro.

29 de maio de 2014 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.