publicidade hoxe

Invístense 195.000 euros na instalación de herba sintética no campo de San Tirso de Mabegondo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAbegondoLocal Portada
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

O presidente da Deputación, Diego Calvo, asinou na sede da institución provincial un convenio de colaboración co alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, para o financiamento da instalación de herba sintética no campo de fútbol municipal de San Tirso de Mabegondo.

O acordo asinado recolle unha partida por parte da institución provincial de 193.260 euros, o que supón o 80% do orzamento total, que ascende a 241.575,90 euros.

Este equipamento dará servizo ao club de fútbol de San Tirso, que ademais organiza todos as escolas municipais de fútbol. De feito, esta reforma foi unha demanda das propias familias, que vían como en días con mala meteoroloxía os pequenos, de todas as categorías, non podían xogar en boas condicións. Tras estes traballos mellorarán as condicións do campo.

2 de maio de 2014 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.