Imputan a un home como presunto autor dun incendio en Mesía
O equipo de Investigación de Incendios Forestais da Policia Autonómica da Xefatura Territorial de Santiago de Compostela, imputou ao presunto autor dun incendio forestal no concello de Mesía.
O lume tivo lugar na Capela, parroquia de Olás, no concello de Mesía, o pasado día 9 dos correntes, e no incendio arderon 5.200 metros cadrados de monte arborado. Foi causado por un escape de queima na que non se adoptaron as medidas de prevención establecidas, facéndose preciso a presenza de persoal de extinción de incendios da Xunta
Polos feitos tramitáronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Ordes. Na actual campaña anti-incendios forestais do 2014, 34 persoas foron detidas ou imputadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.