publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

II Trofeo Luso Galaico de Ciclismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCamariñasDeportes
A-
A+

Presentouse na Casa da Pedra de Camariñas a segunda edición do Trofeo Luso Galaico de Ciclismo. Camariñas - Miradoiro de Ézaro, que organizan conxuntamente as Federacións Galega e Portugesa de Ciclismo coa colaboración do Club Ciclista Dumbría e o patrocinio dosConcellos de Camariñas e Dumbria. No acto estiveron presentes os alcaldes de ambos os dous concellos D.Manuel Valeriano Alonso e D.José Manuel Pequeño,repectivamete, que acompañaron ao Presidente da Federación Galega de Ciclismo, D. Manuel Tallón. Ambos os dous mandatarios eloxiaron a idoneidade do marco e a espectacularidade da proba e destacaron o retorno publicitario e turístico que pode ter un evento de categoría nacional. Pola súa banda o Presidente da FGC destacou a ilusión de ambos os dous alcaldes por acoller unha proba deste tipo, a súa esperanza de non decepcionar e o desexo de continuidade para convertela nunha clásica do ciclismo galego. A proba constará de 118 km. de percorrido duro e selectivo, con pasos puntuables na Caforra e enPaxareiras para rematar no Miradoiro de Ézaro, onde se espera un espectacular final de carreira, xa coñecido no ciclismo profesional, pero inédito no campo afeccionado.

Espérase unha participación de 140 corredores e ata o momento formalizaron a súa inscrición catorce equipos. Os sete galegos (Froiz, Vigués, Cambre, Spol, Padronés, Rias Baixas e Racing Cycling), os catro portugueses (Maia, Liberty, Anicolor e Cartaxo), os asturianos do Cidade de Oviedo e o Construcións Paulino e o equipo de León, Zugor-Arte en Transfer, ademais de inscricións individuais doutros equipos e das categorías Sénior e Máster 30.

A carreira partirá ás 10 da mañá do próximo domingo do paseo marítimo de Camariñas e o final está previsto para as 13,00.

8 de maio de 2014 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.