publicidade hoxe

Harmonía e innovación enogastronómica nos obradorios formativos da Asociación Ruta do Viño do Ribeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadavia
A-
A+

Dende a Asociación Ruta do Viño do Ribeiro seguen a celebrarse os Obradoiros de Harmonía de Creatividade Enogastronómica. O obxectivo é ofrecer ferramentas para crear pratos sinxelos con produtos de calidade diferenciada de Galicia cun toque de creatividade. Se pretende a participación activa dos asistentes que, unha vez elaborado o prato prodecerán á degustación harmonizado con viños das adegas adheridas á Ruta do Viño do Ribeiro.

Os Obradoiros de Harmonía e Creatividade Enogastronómica terán lugar os días 21, 22 28 e 29 de Maio en horario de 16:30 a 20:30.

Para impartir os obradoiros contaremos coa participación de Angel Ríos Quintela, Xefe de Cociña do Restaurante Pepe Vieira (Estrella Michelín) e Pablo Vidal, Director Técnico do CRDO Ribeiro. Nun dos obradoiros contaremos coa colaboración especial de Nacho Costoya, un dos sumiller máis galardoados de España.

Para participar nos obradoiros é necesaria inscrición previa, xa que as prazas son limitadas, 15 por obradoiro.

13 de maio de 2014 | 11:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.