publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ferido grave un veciño de Ourense tras chocar a súa moto contra un noiro no concello de Patón en Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurensePantónPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un veciño de Ourense resultou ferido de gravidade ao chocar a moto na que viaxaba contra un noiro de roca na N-120, ao seu paso por Pantón (Lugo), concretamente no quilómetro 543-900, segundo informaron fontes da Garda Civil de Tráfico.

Até o lugar do accidente, que se produciu ao redor das 10,30 horas deste domingo, desprazouse unha ambulancia pero, debido á gravidade do sinistro, o home tivo que ser evacuado en helicóptero.

O home, duns 57 anos de idade, foi trasladado ao hospital de Ourense, onde se atopa actualmente ingresado para recibir atención médica, detallaron as mesmas fontes.

18 de maio de 2014 | 11:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.