publicidade hoxe

Feira da Reciclaxe en Culleredo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCulleredo
A-
A+

O vindeiro sábado 24 de maio celebrarase o mercado “Feira da Reciclaxe” que organiza Ins3rtega en colaboración coa Concellaría de Promoción Económica, Formación e Emprego de Culleredo e coa Asociación Galega de Vendedores Ambulantes (AGVA).

Situarase na chaira á beira do Paseo do Burgo, na zona que se denomina Espazo Multiusos do Paseo Marítimo.

Para contribuír nas axudas sociais que ofrece o concello, haberá unha doazón en conservas (tomate, atún, champiñones,…) do 10% das taxas de cada un dos postos que conformarán a feira. Estas conservan irán ao Fondo Municipal de alimentos de Culleredo.

Tamén haberá un lugar de recollida de alimentos co mesmo fin. Así calquera persoa que se achegue até o mercado poderá contribuír si o desexa.

Na feira tamén hai cabida para as asociacións e proxectos sociais do concello e das zonas limítrofes. Algunhas delas traballan con materiais reciclados facendo artesanía que porán á venda.

Os produtos que se atoparán á venda serán na súa maioría de elaboración artesanal e algúns con materiais reciclados, tamén moitos produtos de segunda man. Desta maneira, búscase dar unha segunda oportunidade a materiais que doutra forma acabarían no lixo. Unha parte do mercado formarana principalmente particulares do concello que venderán bens que xa non utilicen, ou as súas propias manualidades (levar o trasteiro ao mercado!).

Contarase cun artesán que púe e restaura metais na mesma feira, así as persoas que queiran traer pequenos obxectos de prata, alpaca ou bronce terán a oportunidade de darlles unha nova imaxe por un prezo popular.

Haberá actividades para o<sent\>s máis pequenos, con talleres gratuítos ao longo de toda a xornada, castelos inchables e algunha sorpresa máis.

Os talleres que se presentarán sobre a reciclaxe empregan camisetas para facer pulseiras e o cartón para facer pequenas pezas de mobiliario. Tamén se contará cun taller de ioga da risa para o<sent\>s peques máis inquietos.

E un taller para crear chaveiros, broches e figuritas dos personaxes máis queridos polos cativo<sent\><sent\>s a partir de hama beads (abelorios).

21 de maio de 2014 | 10:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.