publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Extinguido o incendio forestal da parroquia de Montefurado, en Quiroga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaQuirogaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción do incendio forestal rexistrado no municipio lugués de Quiroga, na parroquia de Montefurado.

O lume iniciouse ás 14:28 horas de onte e quedou extinguido ás 22:01 horas. Segundo últimas estimacións provisionais, a superficie afectada foi de 19 hectáreas de monte raso. Nos traballos de extinción deste incendio participaron 4 axentes forestais, 9 brigadas, 3 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

16 de maio de 2014 | 10:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.