publicidade hoxe

“En Familia todos contan” en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

Os departamentos sociais dos concellos de Cabanas e Pontedeume teñen previsto levar a cabo un novo programa destinado a pais, nais ou persoas responsables do alumnado de secundaria e primaria. Trátase dunha actividade gratuíta que contará co apoio da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Co título “En Familia todos contan”, preténdese traballar sobre diferentes aspectos e temáticas de interese relacionados coas familias. Buscarase ofrecer a estas un espazo de intercambio e diálogo sobre temáticas de interese na educación dos fillos e fillas. Tamén se ofertarán ferramentas para intervir sobre as dificultades que se atopen e mellorar a comunicación e as pautas de resolución de conflitos. Dentro deste programa existirá así mesmo a posibilidade de consultas individuais para superar posibles dificultades que xurdan no seo familiar.

Para dar a coñecer mellor este programa, preparouse unha presentación que terá lugar este mesmo mércores, 14 de maio, a partir das 19:30 horas no FOREMDES de Pontedeume, onde se lle facilitará os interesados os contidos que se abordarán durante o programa así como se resolveran posibles dúbidas existentes sobre o mesmo. A presentación tamén servirá para coñecer os responsables do programa, que será realizado pola empresa “Atalaya Social”, especializada no sector de intervención familiar e propoñer posibles horarios.

As persoas que non puideron asistir a esta presentación están inda a tempo de poder participar no programa, podendo recadar máis información tanto nos Servizos Sociais de Pontedeume como de Cabanas.

14 de maio de 2014 | 20:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.