publicidade hoxe

Eméndase un vertido de augas residuais en Catoira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoiraLocal Portada
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, vén de comprobar a emenda dunha vertedura procedente do Lugar do Miradoiro, no Concello de Catoira.

O vertido estaba ocasionado como consecuencia dunha rotura nun pozo de rexistro da rede de saneamento municipal, que conduce as augas residuais á impulsión ubicada nas proximidades, con destino final á Edar municipal.

Comprobadas as deficiencias, déuselle traslado ao Concello de Catoira, ao que se lle requiriu que adoitase as medias oportunas para emendar o vertido.

Nunha recente visita comprobouse a eliminación dos mesmos, logo dos trabalos de reparación e selado das roturas.

A Xunta de Galicia mantén un especial coidado e interese nas inspección deste tipo de verteduras, posto que afectan a contornas fluviais e marítimos, entre outros, causando graves problemas de contaminación, tanto á fauna, á flora e aos habitantes das zonas afectadas, sobre todo, nas que as verteduras caen directamente ás rías de Galicia, como resultou neste caso.

19 de maio de 2014 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.