publicidade hoxe

Deteñen en Meaño a un veciño de Poio por tráfico de drogas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMeañoPoioSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo a J.C.C., de 37 anos de idade e veciño de Poio, como suposto autor dun delito contra a saúde pública, tenza e venda de drogas.

Na tarde de onte, cando unha patrulla do Posto Principal da Garda Civil de Sanxenxo realizaba servizo de seguridade cidadá pola localidade de Meaño, observan que dun vehículo marca PEUGEOT, modelo 406, se apea o condutor comezando a andar apresuradamente infundindo sospeitas aos axentes.

Cando os compoñentes da devandita patrulla da Garda Civil se dispoñen a identificalo este intenta fuxir a pé polas rúas da referida localidade caendo ao chan e con el unha bolsa de plástico que no seu interior levaba 400 gramos de heroína.

A continuación realízaselle un cacheo superficial encontrándoselle, entre outros, 300 euros en metálico e 4 teléfonos móbiles.

Por todo iso procédese á súa detención e condución ás dependencias oficiais do referido Posto Principal da Garda Civil.

O detido, que conta con antecedentes policiais, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número CATRO de Cambados, quedando en liberdade con cargos.

2 de maio de 2014 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.