publicidade hoxe

Culleredo aumenta en 11 vehículos o seu parque móbil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O Concello de Culleredo leva a cabo este ano un importante esforzo económico para ampliar o parque móbil municipal. O goberno local incorporará un total de 11 vehículos para mellorar os servizos das áreas de Seguridade Ciudana, Benestar Social, Medio Ambiente ou Formación.

Os novos vehículos serán os seguintes:

· Un vehículo de primeira intervención para Protección Civil

· Catro coches patrulla para a Policía Local

· Unha furgoneta e un coche para servizos sociais

· Dúas furgonetas para medio ambiente

· Unha furgoneta con remolque para formación ocupacional

· Unha furgoneta para servizos xerais do Concello

En todos os casos, o Concello contratará os vehículos mediante a modalidade de renting. No caso do camión de emerxencias será por un prazo máximo de 8 anos e nos restantes, de 4 anos.

O vehículo de primeira intervención para Protección Civil estará equipado para propiciar a atención inmediata dos efectivos municipais en caso de emerxencias. “Poderemos atender máis rápido e con mellores condicións aos veciños”, explica José Ramón Rioboo, primeiro tenente de alcalde e responsable de Seguridade Cidadá.

O camión contará cun equipo hidráulico dotado cunha cisterna de 1.000 litros de capacidade, cunha bomba fixa e mangueira semirrígida de polo menos 40 metros para os labores de extinción de incendios. Disporá dun equipo adicional de extinción, de alta presión, para reforzar a atención nestes casos.

Incluirá equipamento como ferramenta eléctrica para posibles excarceracións, escaleira e diversas ferramentas para a impulsión de auga. O Concello incorporará ao vehículo motosierras, extintores, bombas de achique ou material de sinalización.

En definitiva, será un vehículo “completo” e que propiciará a Protección Civil unha menor dependencia dos servizos de seguridade comarcais, sinala Rioboo.

O contrato para o camión de emerxencias atópase en fase de licitación. A súa presuposto base é de 21.374 euros ao ano, até un máximo é de 170.995,20 euros. O renting dos restantes vehículos atópase en fase de execución. A licitación foi de 104.400 euros anuais. O catro coches patrulla permitirán á Policía Local renovar o seu parque móbil e reforzar o seu labor de vixilancia nas rúas.

Os asociados a servizos sociais destinaranse ao programa de axuda a domicilio ou ao centro ocupacional A Escada. Os restantes servirán para diferentes labores de traslados e transporte das concellarías.

30 de maio de 2014 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.