publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Controlado o incendio forestal rexistrado en Melón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelónSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa do control dun incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Melón, na parroquia de Quins.

O lume iniciouse ás 22:30 horas de onte e quedou controlado ás 08:28 horas desta mañá. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada é de arredor de 20 hectáreas. Nos traballos de extinción deste incendio levan participado 1 técnico, 3 axentes forestais, 4 brigadas e 1 motobomba.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

9 de maio de 2014 | 11:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.