publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Controlado o incendio forestal en Rubiá despois de queimar unhas 200 hectáreas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaRubiáSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa do control do incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Rubiá, na parroquia de Oulego.

O lume iniciouse ás 21:35 horas do luns e quedou controlado ás 03:08 horas desta madrugada. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 200 hectáreas, das cales 185 son de monte raso e o resto de arborado. Nos traballos de extinción deste incendio levan participado 1 técnico, 12 axentes forestais, 29 brigadas, 14 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

7 de maio de 2014 | 10:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.