publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Controlado o incendio forestal do Irixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO IrixoPortada dereitaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa do control do incendio forestal rexistrado no municipio ourensán do Irixo, na parroquia de Reádigos.

O lume iniciouse ás 14:41 horas de onte e quedou controlado ás 23:30 horas da noite. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 35 hectáreas. Nos traballos de extinción deste incendio participan 1 técnico, 3 axentes forestais, 16 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 5 avións.A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

15 de maio de 2014 | 10:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.