publicidade hoxe

Concello de Campo Lameiro e Xunta analizan o Informe de Aprobación Inicial do PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCampo LameiroLocal Portada
A-
A+
Encarnación Rivas na reunión co rexedor de Campo Lameiro. Foto: C. Paz

Encarnación Rivas na reunión co rexedor de Campo Lameiro. Foto: C. Paz

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, reuniuse co alcalde de Campo Lameiro, Julio Sayáns Bugallo, para analizar o Informe de Aprobación Inicial do seu PXOM.

O informe que foi emitido dende a Xunta de Galicia o pasado mes de abril marca os axustes necesarios que debe desenvolver o equipo redactor do Plan Xeral para acadar os obxectivos que recolle a proposta do novo planeamento, centrada no desenvolvemento do municipio a través dun modelo territorial baseado no completamento do núcleo urbano e a ampliación do Parque Empresarial A Facha – Redonde, o recoñecemento do sistema de núcleos rurais e a protección do medio rural.

Durante o encontro a secretaria xeral de Urbanismo explicou ao alcalde a importancia de avanzar neste cambios para proceder á aprobación no pleno municipal do PXOM á vez que se expoñerá ao público durante dous meses para consultas e alegacións.

A continuación, se solicitarán ás distintas administracións a emisión dos informes sectoriais: Augas, Estradas, Patrimonio, etc, cuxas determinacións serán incorporadas ao PXOM antes de ser aprobado provisionalmente polo pleno e achegado á Xunta para a súa Aprobación Definitiva.

Colaboración Xunta e concellos

Este encontro trátase da terceira reunión de traballo mantida entre a Xunta de Galicia e o Concello de Campo Lameiro e atópase dentro dos traballos de colaboración que o Executivo autonómico ofrece aos concellos para que poidan contar cunha figura urbanística que ordene e protexa os seus territorios.

Dende a Consellería de Medio Ambiente concedeuse ao Concello de Campo Lameiro unha subvención de 81.500 euros en concepto de axuda para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Na actualidade o Concello de Campo Lameiro dispón dunhas Normas Subsidiarias de Planeamento aprobadas no ano 1996.

9 de maio de 2014 | 12:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.