publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Clausura das escolas municipais de Aranga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAranga
A-
A+

O sábado 31 de maio, de 16.00 a 20.00 h. serán clausuradas as Escolas Municipais de Aranga 2014 no pavillón da Castellana. Contarase cunha exhibición das escolas deportivas e culturais e das escolas de taekwondo dos Concellos de Aranga e de Oza-Cesuras. Posteriormente terá lugar a entrega dos premios á/ao mellor deportista e serán entregados os diplomas e agasallos.

Ademais contarase cunha Festa da escuma, inchables e o concerto de Mamá Cabra.

Haberá un stand de recollida de alimentos en colaboración con Cruz Vermella no que se recollerán alimentos prioritarios, non perecedeiros ou infantís.

27 de maio de 2014 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.