publicidade hoxe

Caldas de Reis vivirá a segunda fase de recollida de mostras na Carballeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de Reis
A-
A+

A vindeira semana esta previsto que empecen, na zona da Carballeira, a segunda fase de recollida de mostras, esta vez na parte aérea dos carballos. Este proceso levase a cabo en pleno crecemento vexetativo das árbores. Os futuros análises, valoraran o porcentaxe de infección de enfermidades foliares causadas por fungos do tipo Mildiu e Oidio así como a presenza de “agallas” nas follas.

O procedemento a realizar será o seguinte: Tomaranse mostras de follas de cada exemplar presentes na zona, da parte mais alta que se poda. Cada semana recolleranse folla duns 30 carballos e serán remitidas a Areeiro no mesmo dia para evitar posibles variacións ou contaxios externos.

Tamén se estudara o control de poboación de cerambícidos para coñecer o nivel de infestación. Para isto colocaranse trampas en tres zonas distintas da Carballeira, as cales se iran repoñendo a medida que estas se atopen cheas.

Estimase que os traballos de recollida realizaranse aproximadamente no período dun mes, sempre e cando a climatoloxía o permita, xa que debe de realizarse co tempo seco.

16 de maio de 2014 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.