publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As obras de reforma integral do campo de fútbol de Rodeiro son adxudicadas a Xestión Ambiental de Contratas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraRodeiro
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación vén de adxudicar á empresa Xestión Ambiental de Contratas S.L. a dotación de herba artificial de última xeración e a mellora das instalacións do campo de fútbol de Rodeiro.

Os traballos contan cun orzamento de 579.900,43 €, e realizaranse no actual campo de terra de fútbol 11 da avenida da Raña.

As obras suporán a adaptación do actual terreo de xogo, dotándoo de céspede artificial e marcándoo para un campo de fútbol 11 e dous transversais de fútbol 7, incorporando ademais o equipamento necesario (porterías, bandeiríns de córner abatibles, bancada para suplentes,…) e procedendo ao peche perimetral con varanda de aluminio.

O campo dotarase dun sistema de rego formado por 6 aspersores e un novo sistema de iluminación con 4 torres de 4 proxectores de 2.000 w cada un.

Completarase a actuación coa construción dunha grada cuberta con capacidade para 120 espectadores e dun pequeno edificio destinado a bar, así como coa dotación dun baño adaptado para persoas con discapacidade e o peche perimetral da parcela, que se fará con elementos vexetais, prefabricados de formigón e malla.

Ademais, procederase á urbanización do contorno. En total, actuarase sobre unha superficie próxima aos 7.700 metros cadrados.

23 de maio de 2014 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.