publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Área Santiago promocionarase a través das redes sociais como destino turístico diferenciado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaArzúaBoqueixónLalínLocal PortadaMelideO PinoOrosoPadrónRoisSantiago de CompostelaSilledaTouroTrazoVal do DubraVedraVila de Cruces
A-
A+

Os 16 concellos de Área Santiago empregarán as redes sociais para transmitir unha imaxe unificada do destino turístico, cunha oferta ampla e diversa. A sintaura da constitución do grupo como entidade xurídica con persoalidade propia terá lugar a mediados de xullo. Área Santiago empregará as redes sociais para promocionarse como un destino turístico diferenciado, segundo acordaron os técnicos dos 16 concellos do grupo que se reuniron hoxe en Santiago. Para potenciar as contas de Área Santiago en Facebook e Twitter, facebook.es/AreaSantiagoTurismo e @AreaSantiagoTmo, o grupo está estudando a organización dun concurso de fotografía a través das redes sociais para o próximo verán, no que poderán participar os propios veciños dos concellos pero tamén os turistas, visitantes e peregrinos.

Na reunión de hoxe tamén se acordou que a mediados de xullo se asinará a constitución do grupo como entidade xurídica con persoalidade propia, cando xa os diferentes Plenos Municipais dos concellos teñan aprobado a adhesión ao grupo, segundo explicou a concelleira de Turismo, Reyes Leis, nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi.

Área Santiago nacerá cun orzamento de 45.000 euros para o ano 2014 aportados polos concellos en base a catro variables: superficie, poboación, capacidade aloxativa e orzamento municipal. A constitución do grupo como entidade xurídica permitirá que ademais poida optar a subvencións doutras administracións para diferentes proxectos.

Os técnicos e políticos do grupo de Área Santiago tamén acordaron traballar na promoción conxunta dos diferentes concursos de tapas e de festas gastronómicas que se celebran nos diferentes concellos, seguindo algunhas ideas que se espuxeron na reunión que o grupo mantivo cos representantes da Asociación Hostelería Compostela e a Asociación de Empresarios de Padrón, Rois e Dodro o pasado 28 de abril.

Área Santiago tamén pedirá manter unha reunión coa Directora Xeral de Conxervación da Natureza, Verónica Tellado, para amosarlle o interese de potenciar a pesca como un dos principais atractivos turísticos da zona.

Área Santiago está formada por: A Estrada, Arzúa, Boqueixón, Lalín, Melide, O Pino, Oroso, Padrón, Rois, Santiago, Silleda, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces.

26 de maio de 2014 | 16:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.